VANTAXES DOS ESPAZOS COWORKING

VANTAXES DOS COWORKING

Nos espazos coworking en xeral, e no Coworking Carballo en particular, queremos que te enfoques no que importa. Que poñas toda a enerxía no teu proxecto, no seu desenvolvemento e en aproveitar ao máximo o que a comunidade pode achegarche e que nos deixes a nós o resto, o traballo mais...bufffff...ou menos…psssshh
Aínda así, ás veces toca pensar; ¿ isto do coworking é unha burbulla ou é algo permanente? ¿Está pensado para ti?
Trataremos de aclaralo un pouco con un par de anotacións sobre pros que conleva establecerse neste tipo de espazos.

  • Flexibilidade de uso.

Os espazos de coworking ofrecen diferentes plans en función das horas que precises, e non adoitan requirir contratos longos (na maioría, podes estar un só mes, se queres).

Ó revés que nas oficinas tradicionais, nas que ás veces os horarios nada flexibles pódense converter nun pesadelo para outros aspectos da vida, nos espazos coworking eres ti mesmo quen escolle a que hora entra ou sae ou cantas horas traballar ó día. Podes organizar o traballo como mellor che conveña. A maioría de espazos, ofrecen un acceso 24/7, polo que podes traballar de noite, festivos, fins de semana, ou quen sabe… Tomar de cando en vez un día libre! Isto posibilita a mellora da conciliación entre vida familiar e persoal e traballo.

Ademais, en principio, non adoita existir ningún tipo de «contrato de permanencia», como podería acontecer nas oficinas tradicionais.

  • Cambio de Aires: Saír da Casa

Separar vida profesional e vida privada non é doado ás veces, mais nos tempos que corren, pero é totalmente necesario.


Ter a oficina na túa casa pode ser un auténtico desastre. E é que unha vez termine a túa xornada de traballo, seguirás estando na oficina. Verás a oficina mentres comes, mentres te relaxas e non conseguirás liberarte das tensións do traballo… Se optas por un coworking, o traballo estará completamente separado de casa. Ao ir a un espazo de coworking estarás menos tentado a caer nas distraccións que podes atopar na casa.
Evitarache sufrir de calquera tipo de tensión ou ansiedade por estar encerrado en casa todo o tempo. Traballar dende a casa fai difícil integrar un entorno de loita contra a sensación de aislamento, que os espazos coworking logran de forma moi efectiva.

Por outro lado, cando os teus fillos están a xogar a videoxogos na habitación de á beira, tes a tele preto todo o día ou unha casa ruidosa, é fácil distraerse e perder o tempo en cousas que non deberiamos. Os coworking ofrecen un espazo máis libre de distraccións e poden motivarte ao ver que todo o mundo ao teu ao redor tamén está ocupado traballando

O Coworking achega tranquilidade, e isto é unha das vantaxes preferidas dos coworkers; traballar nun espazo permíteche librarte das distraccións propias de traballar en casa como poden ser, o teléfono, os nenos, a veciña, a televisión, facer recados en momentos aleatorios, xogar co can cada cinco minutos, ou porqué non admitilo, as ganas de seguir un cachiño máis na cama ou dar outro paseo cara ó refrixerador ou o armario das roscas para preparar ese sandwich de media mañá, etc

  • Espazo propio e profesional en un entorno de traballo compartido

Os coworking proporcionan un espazo profesional de traballo que motiva; faiche ser máis produtivo. É máis fácil lograr unha rutina de traballo profesional, para aqueles ós que lles costa establecela na casa.

O coworking rompe co rutineiro e monótono paradigma de lugar de traballo padecido ó de unha oficina tradicional. Un dos principais obxectivos dos espazos coworking é xerar ambientes de traballos agradábeis onde flúan unha correcta e asertiva comunicación entre os seus membros. Isto é debido á súa dinámica distribución, ós distintos equipamentos cos que poidan contar e á presenza de novos enfoques achegados pola comunidade do coworking.

Dispoñen de salas de reunións para recibir aos clientes e realizar presentacións, ou aulas de formación, por exemplo. Isto é diferente a quedar con eses mesmos clientes no teu salón ou nunha cafetería. Sen interferencias, o cal aporta seguridade. E en moitas ocasións, estas salas incluso se poden alugar por horas ou por días, igual que o uso dunha mesa de traballo. A miúdo estas oficinas teñen un deseño de vangarda, profesional e moderno, algo que inspirará profesionalidade ás persoas que visiten as instalacións.
A imaxe que os clientes teñen de ti é fundamental para cimentar unha boa relación baseada na confianza

  • Foméntanse as relacións entre coworkers: NETWORKING

O Coworking, indubidablemente, achega networking. Grazas a traballar nun espazo de traballo con outros coworkers podes aumentar os teus contactos, tanto profesionais como persoais, o que supón unha dobre vantaxe; no ámbito profesional, achégache coñecemento e posibles axudas nos teus proxectos, e no ámbito persoal, algúns coworkers poden converterse co tempo en grandes amigos. Cando compartimos ese tempo con outras persoas podemos contar co seu apoio en momentos craves, como tomar unha decisión importante. Tamén podemos contar con elas á hora de facer un descanso, momento no que charlar un pouco pode converterse na mellor forma de recargar forzas.

Comezar e dirixir un negocio pode ser un esforzo solitario ás veces. Estes espazos adoitan reunir a persoas creativas e motivadas coas que poder compartir ideas e beneficios. Algúns espazos de coworking facilitan as actividades despois das horas laborais facendo “horas felices” ou tempos de recreo. Podes atopar a xente interesante e inspiradora que che axude a ser máis produtivo.

Ao relacionarte tan de preto con outras empresas, tamén podes estar en presenza de futuros socios ou empregados de inmenso valor que poidas contratar nalgún momento.

Estes espazos están ligados á xeración dunha comunidade na que se proxecta un ambiente de traballo colaborativo. Implicarte como coworker soluciona os problemas de illamento consecuencia de traballar por conta propia. Ademais facilita a xeración de contactos sen moitos esforzos e permíteche en moitas ocasións, atopar a forma de chegar a terceiras persoas (clientes e/ou colaboradores) de forma moito máis sinxela. As pausas para o café, durante a comida ou nos eventos que se promocionen no coworking, son momentos ideais para mellorar a túa rede de profesionais.

Aumentas as túas redes de contactos sen esforzo, tan só falando cos outros coworkers durante a comida, os cafés ou en calquera evento

  • Gozar dunha rede con eventos organizados

Ao traballar nunha contorna de coworking, integramos moito máis que un espazo de traballo, imos formar parte dunha comunidade. Estes espazos ofrecen eventos regulares, a oportunidade de coñecer xente e, talvez de desenvolver a súa carteira de clientes. Os almorzos tamén lle permiten reunirse ao redor dunha mesa e ao mesmo tempo establecer novas conexións.

O Coworking achégache formación e aprendizaxe, xa que che facilita o acceso a cursos e talleres celebrados no teu espazo ou noutros espazos. En torno ao 90% dos espazos de Coworking celebran algún evento ao mes, e este tipo de eventos á parte de servirche para aprender, pode axudarche, como comentamos antes a aumentar a túa rede de contactos ou para darche a coñecer.

Os eventos de aprendizaxe son dos mais comúns: aprender a construír un negocio, a través de oradores para “xantares de aprendizaxe” ou talleres despois das horas laborais, ou outras moitas fórmulas de xestión de estes eventos.

Os workshops ou eventos son, polo xeral, moi variados: campañas de promoción publicitaria dunha nova marca ou produto; talleres onde se fortaleza a interacción entre os integrantes do coworking; mesas de creación para achegar novas ideas para algún proxecto innovador e, mesmo, eventos de networking e festas de toda índole. Estas actividades melloran a calidade do ambiente laboral, xeran distraccións produtivas e propician o networking.

  • Captación de talento

O coworking é un imán para o talento!

Traballar nun bo espazo profesional é un formato máis de salario emocional que cada vez máis empregados teñen en conta.

Pero se estás a valorar as vantaxes e desvantaxes do coworking, hai un beneficio adicional neste punto que non podemos pasar por alto: o propio coworking é un lugar perfecto para captar talento. Isto quere dicir que entre os seus «habitantes» coñeceremos xente interesada en unirse aos nosos proxectos, ben formando parte eles mesmos do equipo, ou ben recomendándonos outros talentos. Ao ampliar a nosa rede de procura, as oportunidades de captación medran exponencialmente.

Partindo da base que calquera coworking está aberto a todo tipo de profesionais, cada vez máis os coworking exponse desde unha perspectiva sectorial ou de especialización. Desta forma, as relacións que se establecen entre coworkers de sectores afíns, permite unha transferencia de coñecementos e experiencias valiosísima que doutra maneira custaríache adquirir. O Coworking achégache ideas frescas e innovadoras, resultado da interacción con outros coworkers. Esta interacción, favorece o intercambio de coñecementos, xa que todos os coworkers son profesionais pero de distintos campos, o que supón unha gran diversidade de opinións e coñecemento.

Ademais, segundo unha investigación da Escola de Negocios da Universidade de Michigan, o coworking axúdache a ser máis produtivo, a sacar máis do teu potencial profesional, a prosperar. Segundo a investigación, “a xente é máis produtiva e colaborativa cando traballa rodeada de persoas. Os encontros casuais e a conversación precipitan a creatividade e as ideas son compartidas“. Estar rodeado de xente con éxito, ver como os teus compañeiros conseguen os seus obxectivos, participar nas celebracións e alegrarse por eles pode xerarche un estado de euforia e positivismo que, sen dúbida, impulsará a túa motivación.

  • E os Custes? Con todos os servizos incluídos!!

Auga, luz, climatización, Internet… Todas esas letras que nos arrepían á hora de montar un negocio están incluídas no servizo de coworking. Isto supón un aforro máis que considerable a final de mes. Para traballar nestes espazos tan só hai que achegar un ordenador co que facelo. Todo o demais quedará incluído na única factura que se paga ao mes, ou, como no caso do Coworking Carballo, nin en esa, xa que é TOTALMENTE GRATUÍTO.

Se tiveses unha oficina, terías que preocuparte por varios pagos no mes, desde servizos públicos, aluguer, pasando por impostos ata conexión a internet, etc.
Polo xeral, podes atopar acordos de coworking que che aforrarán preocuparche por todas estas contas. No prezo máis básico, deberías obter unha boa conexión da internet,
A miúdo podes pagar máis por servizos adicionais, pero o ideal é que co prezo básico poidas desenvolverte sen problemas. Tamén podes obter outras vantaxes como o acceso a equipos de oficina: impresoras, copiadoras e escáneres.


Os servizos complementarios mais habituais dos espazos coworking son, por exemplo: oficinas virtuais; recepción de chamadas e correos; domiciliación da dirección de traballo; servizos de xestoría fiscal, laboral e contable; cursos e charlas temáticas; café de cortesía e un longo etc. Imaxínache o custo que teñen todos estes servizos e o aforro que che supón o compartilos (en calquera outro tipo de coworking)

Pero, permíteme que insista, aquí, no nóso, no Coworking Carballo, sáeche todo de balde!

  • Comunidade

E este punto é a orixe e o fin. Formar parte dunha comunidade é a meta que se persegue cun coworking. Esta comunidade tradúcese en saídas e encontros fóra do ámbito laboral: a construción do que poderiamos chamar camaradería. Búscase fomentar unha relación que exceda os límites do traballo e onde os coworkers, esperaríase, chegasen a ser amigos.

Estamos automaticamente en contacto con persoas coas que creamos vínculos e sinerxías de traballo. Cada coworking é diferente e ten o seu propio estilo. Atopar o mellor para ti fará que traballes de maneira mais cómoda

O verdadeiro interese, como pode entenderse, é facilitar a aproximación entre os membros e que iso redefina novas e impactantes fronteiras comerciais ou mercantís. É importante destacar que a visibilidade desta vantaxe depende en gran medida do bo traballo dos xestores do espazo ou community builders. Así que cando visites un espazo de coworking preguntes por estas persoas e valores que tal son.

A comunidade propicia todos os anteriores puntos e todos estes favorecen a creación dunha comunidade.

EN DEFINITIVA…

Agora que xa coñeces algunha das vantaxes, ¿aínda segues pensando que un coworking pode ser unha boa opción para ti ou prefires traballar desde casa?

Nós somos moi partidarios de optar por este tipo de espazos, sobretodo se eres emprendedor, empresa pequena ou startup, se aínda estás empezando e tes poucos ou ningún traballador, ou se eres autónomo ou freelance.

A próxima publicación toca sobre as Desvantaxes dos Coworking. Igual che apetece esperar a leer o post, darlle unha volta, e logo decidirte!

De todos xeitos, a mellor maneira de comprobar se é para ti ou non, é vir, e probar!!

Xa sabes que AQUÍ HAI MOITO PARA TI!

#autónomos (3) #colaboracion (2) #compartirespazos (1) #compartirtraballo (1) #coworker (2) #coworkers (3) #emprendedores (4) #empresa (3) #formación (3) #mentesprodixiosas (2) #proxecto (3) aquihaimoitoparati (2) autonomos (1) carballomola (2) colaboracionismo (1) compañeirosdetraballo (1) concellodecarballo (1) concellodecarballo (1) costadamorte (1) coworkingcarballo (1) emprendedores (1) emprendemento (1) novaempresa (1) pemes (1) profesionais (1) proxectos (1) traballo (1) (3) costadamorte (2) coworking (1) coworkingcarballo (2) desvantaxe (1) emprendedores (1) emprendemento (2) emprendementonovedoso (3) enerxía (1) espazocompartido (1) euaxudocheati (1) flexibilidade (1) freelancer (1) maisqueamigos (1) marketingdixital (1) novaempresa (1) oportunidades (1) pemes (2) profesionais (1) proxecto (1) proxectos (1) tiaxudasmeamin (1) tiposdecompaneiros (1) tiposdetraballadores (1) tomamosalgoosair (1) traballo (1) vantaxe (1) venpoloforum (1)

Un comentario sobre “VANTAXES DOS ESPAZOS COWORKING

  1. Pingback: DESVANTAXES DOS ESPAZOS COWORKING – Coworking Carballo

Los comentarios están cerrados.