VANTAXES DOS ESPAZOS COWORKING

Os Espazos Coworking ofrecen, entre outras, vantaxes como flexibilidade de uso; permítenche saír da casa e cambiar de aires á hora de traballar; ofrecen un espazo propio e profesional dentro dun entorno de traballo compartido; abaratan custos, ou, como no caso do Coworking Carballo, saen totalmente de balde; crean a oportunidade de acceder a unha rede de eventos organizados, como formacións, ou eventos de networking; fomentan as relacións e atraen o talento, pero, principalmente, forman unha comunidade que se traduce en camaradería mais aló do traballo…..E por que non, traballando nun espazo de Coworking podes ligar co da mesa á beira, ou bebendo bo café nun descanso con outros coworkers!