O Carballo Coworking organiza un curso sobre marketing dixital para emprendedores

  • Trátase dunha acción formativa dirixida preferentemente aos usuarios/as do espazo de traballo colaborativo e aberta ao público xeral ata completar aforo 
  • A actividade levarase a cabo na aula de informática do Fórum Carballo os días 27, 28, 31 de maio e  1 de xuño, de 10 a 12 horas.

A actividade formativa regresa ao Carballo Coworking cunha nova acción titulada “Introdución ao Marketing Dixital para empendedores”, dirixida, preferentemente, aos usuarios e usuarias deste espazo de traballo colaborativo e aberta ao público xeral ata completar o aforo dispoñible, fixado en 15 persoas para garantir as medidas de seguridade e distanciamento social.

Os/as asistentes ao curso, que será de balde, terán a oportunidade de coñecer polo miúdo as principais claves dun plan de marketing (obxectivos, estratexias e tácticas actuais máis empregadas)e as diferentes fases de venda online. O posicionamento web e o uso e manexo das redes sociais serán xunto coa creatividade gráfica dixital outros dos aspectos sobre os que xirará esta formación, que se celebrará os días 27, 28, 31 de maio e 1 de xuño na aula de informática do Fórum Carballo, de 10.00 a 12.00 horas

Jose Collazo, director e fundador da axencia carballesa A Meiga Márketing Dixtal e Deseño Web, será o encargado de impartir esta formación, de 8 horas de duración, que mesturará as sesións teóricas con casos prácticos para afianzar mellor os coñecementos dos participantes.

Inscricións

Rematado xa o prazo de matriculación para os membros do Carballo Coworking, desde o 19 ata o 21 de maio ás 14.00 horas permanecerá aberta a quenda de inscricións para o público xeral. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición, con preferencia para persoas cun proxecto emprendedor e/ou idea de negocio en marcha, profesionais independentes, startup, autónomos ou pemes. Os interesados/as en participar nesta actividade deberán cubrir un formulario que atoparán no blog da nosa web (www.coworkingcarballo.gal) ou premendo aquí.