O Coworking é unha forma de traballo que permite a autónomos, profesionais independentes, start- ups, pemes, microempresas e emprendedores de diferentes sectores e actividades compartir un mesmo espazo de traballo, tanto físico como virtual, para desenvolver e fomentar os seus proxectos profesionais de xeito independente, ao tempo que promoven proxectos conxuntos e novas oportunidades de negocio, compartindo un mesmo espazo e fomentando así as sinerxías, a economía social e colaborativa e o espírito de comunidade.
Obxectivos: Promover o desenvolvemento económico local a través do apoio e fomento de recentes iniciativas empresariais no ámbito xeográfico máis próximo, coa finalidade de favorecer a creación de emprego e riqueza do tecido produtivo.
Facilitar ás persoas usuarias a posibilidade de dispoñer dun espazo de traballo dotado dunha serie de servizos e infraestruturas comúns que, propiciando a relación con outras empresas e/ou profesionais nunha situación similar, melloren as súas posibilidades de crecemento, consolidación e éxito empresarial.
Impulsar a creación, posta en marcha e consolidación de empresas no ámbito provincial, preferentemente nos eidos da cultura, as novas tecnoloxías, a rexeneración urbana, o benestar e os servizos ás persoas, sector audiovisual, turismo ou investigación e iniciativas que formen parte da economía social.
Fomentar a cultura colaborativa e o traballo en común.
Apoiar e asesorar ás persoas emprendedoras no proceso de posta en marcha do seu proxecto.
Axudar no desenvolvemento empresarial para a consolidación das empresas.
Cooperar con outras institucións que apoien a creación de empresas.
Contribuír á diversificación da estrutura produtiva local e provincial, así como á xeración de emprego de calidade.
Crear espazos para a reflexión, participación e cooperación de todos os actores locais, tanto públicos como privados, implicados na promoción económica e o desenvolvemento local.
Fomentar a cultura emprendedora e a utilización de prácticas innovadoras nos diferentes ámbitos da vida.
Colaborar no desenvolvemento de calquera acción que sirva aos fins anteriores.
O Coworking do Concello de Carballo conta cos seguintes espazos e servizos:
Espazos compartidos de traballo: unha sala localizada no segundo andar do Edificio 1 do Fórum, na que se atopan os 18 postos de traballo dispoñibles.
Un auditorio con capacidade para 100 persoas para actos públicos ou presentacións.
Unha aula de formación, que puntualmente se pode destinar a outros usos (sala de xuntanzas, marketplace, sala de intercambio de experiencias e ideas,..)
Zonas comúns:
– Vestíbulo de acceso.
– Recepción e zona de administración.
– Área de descanso.
Acceso a medios audiovisuais
Ampla oferta formativa (TIC´s, fiscalidade, optimización recursos…)
Obradoiros, eventos e charlas (mentoring, boas prácticas…)
Conexión a internet de alta velocidade por cable
Conexión a internet inalámbrica (WIFI)
Comunidade de coworkers
Capacidade para 18 iniciativas emprendedoras
DESTINATARIOS:
- Persoas emprendedoras, aquelas persoas que, ben de forma individual ou en grupo, estean a traballar nunha idea/ proxecto e vaian crear unha empresa relacionada, preferentemente, co ámbito do cultura, as novas tecnoloxías, a rexeneración urbana, o benestar e os servizos ás persoas, sector audiovisual, turismo ou investigación e iniciativas que formen parte da economía social. Este tipo de usuarios/as considerarase en fase de preincubación.
- Novas empresas, aquelas persoas físicas ou xurídicas que non conten cunha antigüidade superior a dous anos de exercicio empresarial, desde a data de rexistro da empresa, e precisen dun apoio especial para mellorar as súas expectativas de supervivencia, priorizando a súa pertenza a sectores relacionados co da cultura, as novas tecnoloxías, a rexeneración urbana, o benestar e os servizos ás persoas, sector audiovisual, turismo ou investigación e iniciativas que formen parte da economía social. Este tipo de beneficiarios consideraranse en fase de incubación.
- Usuarios/as ocasionais, persoas que con carácter puntual soliciten o uso das instalacións e/ou servizos do espazo para actuacións vencelladas co emprendemento e/ou coa súa actividade empresarial.
O acceso a postos de traballo para un mesmo proxecto empresarial está limitado a un máximo de cinco persoas, incluíndo promotores, bolseiros/as, empregados/as en prácticas e persoas contratadas.
CONTACTE CONNOSCO E FALAMOS
Cando envías unha mensaxe a través do formulario ou correo electrónico, aceptas que tratamos os teus datos persoais segundo a nosa Política de privacidade.