FORMACIÓN

Fiscalidade e Aspectos Legais para Emprendedores

FINANCIACION E ASPECTOS LEGAIS PARA EMPRENDEDORES

O Espazo Coworking Carballo organiza a súa segunda Formación

Trátase de un Curso sobre Financiación e Aspectos Legais para Emprendedores, autónomos ou aqueles que teñen un proxecto ou idea de crear a súa propia empresa.

Xa está tendo lugar, dende o Mécores 4, hoxe Xoves 5 e ata o Venres 6 de Novembro, en horario de 16:30 a 18:30 h., nas aulas de formación do Forum Carballo, como xa ven sendo habitual.

O temario do Curso, de vital importancia principalmente para os novos emprendedores e autónomos, que quizáis nunca tiveron moi claro como vai isto do IVE, cales son as súas obrigas contables ou que opcións de préstamos ou subvencións teñen ó seu alcance, por exemplo, está a ser impartido polo carballés Herminio Angeriz Antelo, Administrador e Socio Fundador de » Angeriz, Loureiro & Asociados, S.L.» ( Alea Asesores), con mais de 30 anos de experiencia no mundo do asesoramento fiscal e empresarial.

Para asistir, foi preciso a inscrición previa a través do formulario da nosa web https://coworkingcarballo.gal/onde-estamos.

Recordade que os servizos que se prestan no Espazo Coworking Carballo, como estas formacións, van dirixidos principalmente ás usuarias e usuarios do Coworking, que son os que teñen prioridade á hora de asignación das poucas prazas dispoñibles.

Posto que, por temas de #protocoloscovid, temos un aforo limitado de 10 persoas, terán preferencia os actuais usuarios do @Coworkingcarballo , segundo orde de solicitude.

E, coma sempre, quedamos á vosa disposición para aclarar calquera dúbida.

A gozar do coñecemento coworkers!

AQUÍ HAI MOITO PARA TI!

#autónomos #colaboracion #compartirespazos #compartirtraballo #concellodecarballo #coworker #coworkers #dixital #emprendedores #empresa #formación #marketing #mentesprodixiosas #metodocanvas #nichodemercado #novosproxectos #pemes #plandeempresa #plandenegocio #proxecto #tecnoloxías aquihaimoitoparati autonomos carballomola colaboracionismo compañeirosdetraballo concellodecarballo concellodecarballo (1) costadamorte (1) coworkingcarballo (1) emprendedores (1) emprendemento (1) novaempresa (1) pemes (1) profesionais (1) proxectos (1) traballo (1) costadamorte coworkingcarballo emprendedores emprendemento emprendementonovedoso espazocompartido freelancer maisqueamigos marketingdixital novaempresa pemes profesionais proxectos tiposdecompaneiros tiposdetraballadores tomamosalgoosair traballo

Web: https://coworkingcarballo.gal/

Organizador

Espazo Coworking Carballo

Teléfonos Contacto:

661 064 895

881 983 520

Correo electrónico:

coordinacion@coworkingcarballo.gal

administracion@coworkingcarballo.gal