ESTRATEXIA CREATIVA PARA EMPRENDEDORES
O Espazo Coworking Carballo organiza a súa primeira Formación

Trátase de un Curso sobre o Plan de Empresa ou Plan de Negocio para os emprendedores, autónomos ou aqueles que teñen un proxecto ou idea de crear a súa propia empresa.

Terá lugar a vindeira semana, os días Martes 20 e Mércores 21, nunha das aulas de formación do Forum Carballo, en horario, ambas xornadas, de 19:00 a 21:00 horas.
O temario do Curso, moi completo, interesante e totalmente necesario para emprendedores, será impartido polo carballés Andrés Queijo, Co-Fundador de BeLanders

Para asistir, será preciso a inscrición previa a través do formulario da nosa web https://coworkingcarballo.gal/onde-estamos
Terás que indicar os teus datos, DNI e, en Asunto, Curso Estratexia Creativa.
Posto que, por temas de #protocoloscovid, temos un aforo limitado de 10 persoas, terán preferencia os actuais usuarios do @Coworkingcarballo , segundo orde de solicitude.

A partir de aí, seguiremos cubrindo as prazas que poidan quedar libres, segundo orde de solicitude por formulario.
Invitámosvos a anotarvos e a sacar partido de esta formación e dos coñecementos de Andrés Queijo sobre o tema.

E, coma sempre, quedamos á vosa disposición para aclarar calquera dúbida.
A gozar do coñecemento coworkers!
Detalles
Etiquetas del Evento:
#asociacions, #autónomos, #bmc, #colaboracion, #concellodecarballo, #coworker, #coworkers, #creativa, #curso, #dafo, #emprendedores, #empresa, #empresarios, #espazocompartido, #estratexia, #formación, #kahoot, #mapadeempatia, #negocio, #proxecto, #startup, #usuarios
Web: https://coworkingcarballo.gal/
Organizador
Espazo Coworking Carballo
Teléfonos Contacto:
661 064 895
881 983 520
Correo electrónico:
coordinacion@coworkingcarballo.gal
administracion@coworkingcarballo.gal