FALEMOS DE COWORKING


¿QUE É UN COWORKING?


Nos últimos anos, vimos de escoitar a cotío a palabra Coworking, sen saber, a maioría das veces, o que significa ou que concepto engloba exactamente.
É un de tantos “ palabros” que o mundo da empresa ponnos sobre a mesa: márketing, patrocinador, branding, Start-Up, SÉO, target, freelance, brainstorming, know- how… son moitas destas palabras que todos escoitamos nalgún momento e que non sempre estamos seguros de que representan.

Coworking é unha palabra inglesa que non ten un verdadeiro equivalente en galego:

¿» Cotraballo”? – Ninguén usa esa palabra, estou case segura de que nunca a escoitaches. E se buscas na internet, o mais similar que che aparece é «contrabajo»: instrumento musical de corda frotada.

Asociado a miúdo cos termos colaborativo, agradable e compartido, facer unha definición de coworking exacta sería demasiado restritivo, inda que, literalmente, a palabra significa » traballar con varias persoas nun mesmo espazo».

As definicións actuais sobre que é un coworking ou cotraballo están a evolucionar e engaden novos matices ao concepto de espazo de traballo colaborativo.

Segundo Wikipedia o coworking ou cotraballo é unha forma de traballo que permite a profesionais independentes, emprendedores e pemes de diferentes sectores, compartir un mesmo espazo de traballo (tanto físico como virtual) co fin de desenvolver os seus proxectos profesionais a vez que fomentan proxectos conxuntos.

De feito, o coworking é unha forma de traballar que se redefine continuamente. Desde os seus inicios ata os nosos días, o coworking lévase a cabo de diferentes maneiras.

Traballar nun espazo de coworking é como traballar nunha empresa, pero en lugar de ter compañeiros en diferentes departamentos estás rodeado de profesionais con diferentes capacidades, intereses e redes de contactos. Son como compañeiros de traballo, só que no canto de pertencer a outro departamento están noutra empresa. Nun espazo de coworking ninguén está obrigado a compartir, todos traballamos no noso, pero non estamos sós. Compartimos o que queremos e con quen queremos.

Exemplo de Espazo Coworking

Os espazos de coworking son oficinas compartidas nas que profesionais autónomos, teletraballadores, emprendedores e empresarios danse cita para traballar, e onde os xestores do espazo tentan conectar e crear oportunidades profesionais e persoais entre e para os seus membros. Na súa maioría trátase de profesionais que non necesitan máis que un portátil, un teléfono e unha boa conexión a internet para poder realizar o seu traballo: programadores, deseñadores, xestores de comunidades online, xornalistas, comerciais, consultores… Por exemplo, podes ser un deseñador gráfico e ter á beira a un xornalista- plumilla ou a un enxeñeiro; é dicir profesionais moi diversos. Aínda que actualmente isto ten matices.

Pero o coworking é moito máis que iso. A verdadeira finalidade é a de crear unha contorna e unha comunidade de coworkers, un espazo que fomenta o networking, as colaboracións, o crecemento e a creatividade. Búscase fuxir do illamento que existe nunha oficina tradicional ou na propia vivenda; a máquina do café deixará de ser a túa mellor amiga e a neveira a túa mellor conselleira. Non che volverá caer a casa enriba!


¿CANDO NACE O COWORKING?


Existe documentación que data dos anos 1600 na que xa se falaba de coworking como unha colaboración entre Deus e os seus súbditos.

Pero, é a mediados dos 90, en 1995, cando nace un dos primeiros espazos considerados como coworking en Berlín, Alemaña.

Alí fúndase a C-Base e.V. que inicia o proxecto “ BerlinBackbone” cun espazo no que distintas persoas que se coñecían e exercían o seu traballo baixo o mesmo teito, a modo de comunidade.

Bernie DeKoven é considerado por moitos o pai do coworking. Foi o primeiro en utilizar este termo en 1999 para referirse ao traballo xuntos e a colaboración grazas ás posibilidades que nos daban os ordenadores.

Ademais, ese mesmo ano nacen as primeiras oficinas compartidas: 42 west 24, Nova York Share (oficinas compartidas en Nova York).

Interior de C. Base e V., fundada en Berlín en 1995, con 17 membros iniciais
Bernie De Koven (15-Outubro-1941 / 24-Marzo-2018)

É durante a primeira década do ano 2000 cando empezan a aparecer moitos espazos coworking.

En 2002, só tres anos despois de que Bernie lle dése vida ao termo, é en Europa onde se lles ve crecer.

En Austria aparece Schraubefabrik, un espazo pensado para a comunidade de traballadores que o fundaron: arquitectos, relacións públicas, cooperativas, freelancers ou micro-empresas. Desta forma podían deixar de traballar na casa e pasar a un espazo máis amable. Eles mesmos proclaman á devandita comunidade como a nai do coworking.

En 2005 ábrese en San Francisco o primeiro espazo de coworking como tal da man de Brad Neuberg, que ofrecía de 5 a 8 escritorios un par de días á semana e diferentes servizos como; rede wifi, salas de meditación, paseos en bicicleta, masaxes ou comidas compartidas.

O espazo pecha só un exercicio despois dando paso a Hat Factory; este era o primeiro espazo coworking a tempo completo, ofrecendo a liberdade dun freelance pero con todos os recursos necesarios para un lugar de traballo.

Este espazo deu lugar á súa vez a Citizen Space, que segue aberto, con sedes en Las Vegas, California e San Francisco.

Google entra en escena e o coworking ponse de moda. O termo empeza a formar parte da base de datos de Google e doutros buscadores.

En 2007 considérase como tendencia e isto desencadea un aumento do volume de procuras e doutros termos relacionados como “nómades dixitais”, “oficina compartida” ou “espazos de traballo compartido”.

Durante os anos seguintes o coworking relaciónase directamente con Estados Unidos.

Non é ata 2010 cando se ten en conta en Europa.


¿PARA QUÉN É UN ESPAZO COWORKING?


Como seres humanos, somos sociais; e a nosa economía é cada vez máis social, con máis contactos, con máis interaccións. Grazas á evolución da internet, somos máis produtivos que nunca. Unha soa persoa é capaz de efectuar o traballo que antes realizaba unha empresa.

Hai traballo, pero cada vez menos empleo. As grandes empresas reducen planteis e externalizan departamentos enteiros de producción.

Se buscas flexibilidade, unha contorna de traballo profesional e uns prezos razoables, ou incluso espazos gratuítos como no caso do #coworkingcarballo, o coworking pode ser unha boa idea para ti.

Os usuarios de espazos de coworking son na súa maioría autónomos e emprendedores, profesionais do coñecemento aos que lles basta o seu ordenador e un teléfono móbil para levar a cabo o seu labor profesional e que buscan algo máis que unha cadeira, unha mesa e unha conexión a internet. Á fin e ao cabo, iso xa o temos na casa, ou nun ciber calquera.

¿Que non temos en casa? A oportunidade de estar con outros profesionais cos que traballar, que nos fagan ser máis produtivos e nos axuden a concentrar mellor.

¡Algo máis? A difícil, ou case imposible, opción de separar vida profesional e persoal, con todas as desvantaxes que isto conleva.

¿ Máis? Unha contorna de intercambio e colaboración no que facilmente podemos atopar a alguén con quen resolver unha dúbida, lanzar un novo proxecto, investir nun negocio.


EN DEFINITIVA


AQUI HAI MOITO PARA TI!

O coworking converteuse nun verdadeiro modelo de traballo que atrae tanto a empresas emerxentes, profesionais independentes e grandes grupos. O seu crecente poder pode verse na multiplicación de espazos dedicados en España e no resto do mundo,

Un espazo de coworking pode ou non ser para ti, pero vale a pena considerar probalos xa que serviron para o crecemento profesional dalgúns freelancers, ademais de empresas que viron nisto unha oportunidade sen precedentes para iniciar as súas actividades.

Pois, en definitiva, se che ronda pola cabeza, se tes un ruxe ruxe ou un nonseiquèquequeseieu que che anda a insistir en que ti tes madeira de emprendedora, de autónomo, de que esa idea que xurdiu medio de risa medio de broma nunha conferencia vía Zoom cos amigos durante o confinamento igual pode ter trazas de proxecto de emprendemento….non lle deas mais voltas e infórmate sobre o Coworking Carballo,

AQUÍ HAI MOITO PARA TI!

#autónomos (3) #colaboracion (2) #compartirespazos (1) #compartirtraballo (1) #coworker (2) #coworkers (3) #emprendedores (4) #empresa (3) #formación (3) #mentesprodixiosas (2) #proxecto (3) aquihaimoitoparati (2) autonomos (1) carballomola (2) colaboracionismo (1) compañeirosdetraballo (1) concellodecarballo (1) concellodecarballo (1) costadamorte (1) coworkingcarballo (1) emprendedores (1) emprendemento (1) novaempresa (1) pemes (1) profesionais (1) proxectos (1) traballo (1) (3) costadamorte (2) coworking (1) coworkingcarballo (2) desvantaxe (1) emprendedores (1) emprendemento (2) emprendementonovedoso (3) enerxía (1) espazocompartido (1) euaxudocheati (1) flexibilidade (1) freelancer (1) maisqueamigos (1) marketingdixital (1) novaempresa (1) oportunidades (1) pemes (2) profesionais (1) proxecto (1) proxectos (1) tiaxudasmeamin (1) tiposdecompaneiros (1) tiposdetraballadores (1) tomamosalgoosair (1) traballo (1) vantaxe (1) venpoloforum (1)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.