DESVANTAXES DOS ESPAZOS COWORKING

Ser coworker implica a pertenza a unha comunidade, e nesta comunidade, cada un pon o seu gran de area, xa sexa en canto a ideas, dúbidas ou proxectos

O Coworking supón unha fonte de motivación día a día para traballar, xa que che axuda a crear unha rutina de traballo, sabendo que vas chegar ao teu espazo de Coworking e vaste atopar co resto de coworkers, que teñen que traballar do mesmo xeito ca ti.
É construtivo e fomenta a cooperación, tanto entre coworkers do mesmo espazo, como entre distintos espazos, e é que cada vez son máis os acordos e proxectos creados a partir dos Coworking.

O Coworking achega comodidade e adaptación, xa que cada ano, aumenta o número de espazos de coworking dispoñibles o que supón que cada vez sexa máis fácil atopar o espazo que máis se adecúe ás túas necesidades; por exemplo, en canto á proximidade á vivenda, en canto aos servizos ofrecidos, mesmo, en canto aos coworkers de cada espazo, xa que hai espazos nos que predominan arquitectos ou deseñadores ou produtores…

Todo isto, e mais, poidéchelo leer na nosa anterior publicación neste blogue; as vantaxes dun espazo Coworking.

Pero como todo na vida, o coworking non implica só beneficios. Poida que sexan unha tendencia en alza, pero non sempre son adecuados para todos os tipos de empresa ou emprendedores. Evidentemente, non todo poden ser vantaxes; tamén ten algún que outro inconveniente, que debes valorar, porque, a gran maioría das veces, teñen fácil solución.

Desvantaxes do coworking

Na túa propia oficina, podes establecer as túas regras, pero nun espazo de coworking veraste obrigado a adaptarte ás regras e á cultura dese espazo. Poderías atoparte frecuentemente interactuando con persoas coas que preferirías non pasar tempo.

De seguido, mostrámosche unha listaxe con algunhas desvantaxes que inclúe o traballar nun espazo de traballo colaborativo. Insistimos, nada que non se poida arranxar de boas, coa axeitada actitude e ben poucos medios.

  • Os horarios do coworking.

Tanto o horario de apertura como o de peche poden ser demasiado estritos en ocasións, así como os horarios establecidos para os espazos, aulas, salas de reunións. As normas están para cumprirse de modo que non afecten a outros usuarios, polo que non poderás alongar as reunións, nin apurar co traballo un pouco máis…

Aínda que isto depende moito de cada coworking, por norma xeral, estes están abertos durante as horas de oficina normais, de luns a venres. Se es unha persoa á que lle gusta traballar de noites ou en fin de semana, os horarios poden ser un inconveniente. Ten en conta, con todo, que hai unha chea de espazos que teñen unha dispoñibilidade de 24 horas, os 7 días da semana. Só terás que informarte.

  • O silencio.

Silencio monacal?

Se no teu espazo de coworking traballan tan caladiños como nunha biblioteca, pódeche resultar incómodo crebar o silencio para facer chamadas telefónicas propias da túa actividade, e romper a concentración xeral. Ou incluso emitir certos sons ou ruídos que poden ser parte do teu traballo habitual.

  • O excesivo ruído

Polo contrario, se estás afeito a traballar en absoluto silencio é algo do que terás que esquecerte se vas entrar a formar parte dun espazo de coworking, xa que o normal é que non haxa silencio. Compartir estancias con outros profesionais implica un certo nivel de ruído entre as chamadas telefónicas e os intercambios entre colegas….En todo caso, non máis que nunha oficina onde tamén hai outras persoas traballando contigo.

Un bo truco: os cascos. Con música ou sen ela. Axudaranche a concentrarche mellor e evitará que os demais se lancen a charlar contigo.

Os traballadores autónomos deben ser capaces de comunicarse cos seus clientes correctamente e sen vergoña, pola contra poden ser prexudicados. Por tanto, o coworking é adecuado só para os profesionais que son capaces de traballar nunha contorna animada e cun mínimo de ruído.

Isto o que quere dicir é que os espazos de coworking non son para todo o mundo, hai persoas que simplemente se distraen con moita facilidade e non poden estar neles.

  • As distraccións

Os coworking non están en absoluto exentos de distraccións. É verdade que evitan que un se distraia en casa, pero para algúns, os beneficios sociais de traballar nun destes espazos poden ser compensados por outro tipo de distraccións: conversacións entre as persoas que te rodean, o incumprimento das normas de convivencia que outros teñen, etc

Todos comprobamos que en espazos abertos costa máis concentrarse. A trasfega das persoas, e un maior número de estímulos de atracción poden ser irritantes para aquela persoa que necesite moito silencio.

Perder o tempo debido a conversacións informais entre compañeiros de coworking, xente que confunde que non teñas cascos con que queiras establecer unha conversación, grupos falando máis alto do que deberían… estes son problemas que ocorren nas oficinas convencionais e, por tanto, tamén nos espazos coworking

  • Menor privacidade

Aínda que todo depende da actitude de cada traballador, se valoras a privacidade, esquécete de tela nun espazo xeral de coworking .Nestes espazos abertos, a pesar de que todo o mundo estea envorcado no seu traballo é practicamente imposible non escoitar as conversas da mesa de á beira.

Se queres gardar un segredo… terás que facelo moi ben! É evidente, porque a privacidade non é algo que caracterice a unha oficina de coworking. Obviamente os demais estarán ao seu, pero poida que para algúns compañeiros isto non sexa inconveniente para estar á espreita á vez. Polo tanto, non hai segredos.

Así que se queres discreción á hora de facer unha chamada, por exemplo, mellor que saias á rúa para facela. Sempre podes recorrer á escusa de fumar un cigarro se es fumador, ou de que necesitas tomar o aire.

Ademais, non esquezas que os espazos de coworking tamén contan con salas de impresoras, fotocopiadoras, recepcionistas…. Todo isto é de uso compartido, así que non debemos descoidar os nosos documentos e obxectos persoais se non queremos ter ningún problema cos veciños e coworkers. Esta sería outra das grandes desvantaxes.

Contacto con outras persoas ¿Pero isto non era unha vantaxe? Para moita xente é, pero outros prefiren traballar completamente sós sen que ninguén poida molestalos, ou non ter que preocuparse de onde están as súas pertenzas se teñen que ir cinco minutos ao baño

  • Os coworking atópanse principalmente en cidades, e algún en espazos moi pequenos. A viaxe que tes que facer para chegar ao sitio.

A maioría das veces, os espazos de coworking están nos centros financeiros das cidades. Nútrense, polo xeral, das grandes empresas e os principais centros de comercio. Ao atoparse, na maioría das ocasións, estes establecementos no centro das cidades, os coworkings adoitan situarse próximos a eles. Como resultado, a un profesional independente, empregado remoto ou un nómade dixital que decida acceder a un coworking afastado do centro urbano, dificultaráselle a procura.

De modo que, se vives lonxe deles, poida que a viaxe cara ao teu lugar de traballo se faga moi longo, e probablemente os que teñan a posibilidade do teletraballo prefiran facelo desde as súas casas. Moita xente prefire o teletraballo para non ter que perder entre unha e tres horas ao día no que veñen e van á oficina. Apuntarse a un coworking supón que tamén será preciso desprazarse ata alí, inda que sempre se pode buscar un preto de casa.

Con todo, atopalos fóra da cidade non é imposible. Existen algúns espazos de traballo compartidos que se sitúan en verdadeiros paraísos naturais. Os coworkings rurais permiten experimentar paz e tranquilidade; en cambio, os de aventura, ademais de dispoñer dun marabilloso lugar de traballo, ofrecen variadas actividades. É preciso sinalar que esta clase de servizos teñen custos adicionais.

Por outro lado,o obxectivo dalgúns coworking é optimizar e aproveitar ao máximo o espazo. Estar pegados o un ao outro ou sentir cando o teu veciño se levanta da súa cadeira é insoportable. É necesario asegurarse ter un certo confort.

A falta de espazo de almacenamento tamén pode ser un problema para algúns autónomos, que desexan deixar as súas pertenzas en marcadoras individuais cando non están no traballo.

  • Competencia
Cando hai 7 deseñadores gráficos traballando no mesmo espazo, a competencia pode chegar a ser un problema. Sobre todo se estades a abarcar a mesma zona xeográfica. O último que quererías é atoparte cun antigo cliente que agora traballa cunha persoa coa que compartes coworking.

Cando hai 7 deseñadores gráficos traballando no mesmo espazo, a competencia pode chegar a ser un problema. Sobre todo se estades a abarcar a mesma zona xeográfica. O último que quererías é atoparte cun antigo cliente que agora traballa cunha persoa coa que compartes coworking.

  • Malos compañeiros de traballo

Igual que ocorre nas oficinas tradicionais, nun espazo de coworking tamén poderás atopar persoas molestas. A maioría da xente que utiliza estes servizos saben traballar en equipo e, por tanto, non che suporán ningún problema. Pero sempre pode haber algunha mazá podrecida.

En ocasións ter preto o éxito doutros pode resultar frustrante se non estás a lograr os obxectivos que che marcaches.

Terás que facer un esforzo se non te levas ben con algún compañeiro Traballar con alguén con quen se ten un problema non é agradábel, pero se ademais telo tan preto como nun espazo de coworking, pode ser peor aínda. Así que será mellor tentar solucionar as discrepancias entre compañeiros a tempo, ou non se conseguirá traballar a gusto.

  • Non é caro, pero tampouco é tan barato

Como falabamos antes, moitos coworking teñen salas privadas, cociñas para os seus usuarios, teñen que manter o local limpo e en boas condicións… Todo isto custa diñeiro e, por iso, estes espazos non adoitan ser tan baratos como simplemente traballar desde casa.

Moitos espazos ofrecen opcións de pago flexibles, pero se estás realmente atado con correa, pode ser mellor usar o espazo libre que ofrece unha biblioteca, por exemplo, e talvez complementalo con visitas a cafeterías locais para un cambio de ritmo.

Loxicamente, depende de cal é a alternativa ao coworking. Pode ser unha vantaxe, se o comparamos co aluguer dunha oficina. Pero tamén pode ser unha desvantaxe se a alternativa ao coworking fose nosa propia casa. Con todo, a flexibilidade de prezos quere dicir que se non necesitas unha oficina a tempo completo, poderás atopar tarifas reducidas de media xornada, paquetes de horas semanais ou prezos de tres días á semana.

É evidente que para aqueles traballadores individuais que realizan a súa actividade desde casa, alugar un coworking resulta menos económico. Con todo, traballar desde o illamento da casa non posibilita gozar de todas as vantaxes do coworking. Aínda que tamén se debe ter en conta que a modalidade de traballar nun espazo compartido resulta, de xeito evidente, máis barato que alugar unha oficina para unha soa persoa.

  • Difícil de atopar o ideal

Como xa mencionamos, hai infinidade de coworkings ao redor do mundo e cada un destes ofrece certas particularidades que o fan diferente dos demais. Será preciso consultar adecuadamente en distintos coworkings antes de decidir polo primeiro que se vexa.

O tipo de privacidade que se requira, a localización, se se desexa un coworking especializado por un só gremio, os pequenos luxos cos que poida contar, orzamento, accesorios  dispensables e indispensables, entre moitos outros, son aspectos que fan parecer un labor interminable buscar o coworking ideal.

Aínda que a gran maioría de espazos coworking están ben mantidos, sempre aparecen casos pola contra; completamente cheos, que non están ben coidados, non teñen boa atención ao cliente, etc. Poida que non cumpran as túas expectativas

Ao final o que debes buscar é estar cómodo para poder traballar, e se isto supón facelo desde casa, que así sexa, é unha das moitas vantaxes do teletraballo

En calquera caso, no Espazo Coworking Carballo non temos que darlle voltas á cabeza pensando en custos, porque aquí, todos os servizos son gratuítos..

IDEAS FINAIS

Pois ben, iso foi todo na nosa listaxe de desvantaxes do coworking. Esperamos que che resultara útil e che axude a tomar unha mellor decisión en canto a mudar o teu sitio de traballo a un espazo coworking, así como a elixir o coworking ideal para ti. Non pases por alto ningún dos aspectos mencionados anteriormente no momento de seleccionar un espazo coworking.

Con todo estas desvantaxes tamén son solucionables: En moitos coworkings pódense solicitar as chaves para que poidas entrar e saír cando creas oportuno. Ademais, podes poñerche un pouco de música cos auriculares para illarche dos ruídos á vez que é sinal para que non che interrompan. Por último, cando teñas que afrontar temas delicados, sempre poderías facelo nas salas habilitadas ou saírche canto menos das zonas comúns.

Agora que coñeces as vantaxes e desvantaxes do coworking, no caso de que che segue resultando atractivo este modelo de traballo colle o teu ordenador ou o teu dispositivo móbil e ponte á procura dun espazo de cotraballo.

Nós poñémoscho ben fácil; aquí ó ladiño, en Carballo, capital de Bergantiños, entre as Mariñas e a Costa da Morte

Boa sorte neste novo camiño ao éxito!

EN DEFINITIVA…

O coworking converteuse nun verdadeiro modelo de traballo que atrae tanto a empresas emerxentes, profesionais independentes e grandes grupos. O seu crecente poder pode verse na multiplicación de espazos dedicados en España e no resto do mundo

Un espazo de coworking pode ou non ser para ti, pero vale a pena considerar probalos xa que serviron para o crecemento profesional dalgúns freelancers, ademais de empresas que viron nisto unha oportunidade sen precedentes para iniciar as súas actividades.

Avalía as túas necesidades e limitacións para asegurarte de que son compatibles co espazo de coworking no que queres traballar.

De todos xeitos, como xa che recomendamos na anterior publicación sobre as vantaxes dos Coworking en xeral, e do Coworking Carballo en particular, a mellor maneira de comprobar se é para ti ou non, é vir, e probar!!

Xa sabes, AQUÍ HAI MOITO PARA TI!

#autónomos #colaboracion #compartirespazos #compartirtraballo #coworker #coworkers #emprendedores #empresa #formación #mentesprodixiosas #proxecto aquihaimoitoparati autonomos carballomola colaboracionismo compañeirosdetraballo concellodecarballo concellodecarballo (1) costadamorte (1) coworkingcarballo (1) emprendedores (1) emprendemento (1) novaempresa (1) pemes (1) profesionais (1) proxectos (1) traballo (1) costadamorte coworking coworkingcarballo desvantaxe emprendedores emprendemento emprendementonovedoso enerxía espazocompartido euaxudocheati flexibilidade freelancer maisqueamigos marketingdixital novaempresa oportunidades pemes profesionais proxecto proxectos tiaxudasmeamin tiposdecompaneiros tiposdetraballadores tomamosalgoosair traballo vantaxe venpoloforum

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.