
Nuria Varela Amado
VivoMacraméArtesá autodidacta, leva 16 anos practicando Macramé. Tivo postos propios de artesanía nos mercados de Teguise, Lanzarote, no mercadillo da illa de La Graciosa e no festival Folk de Ortigueira. Negocio de artesanía especializada en Macramé Contemporáneo. Elaboración de productos feitos a man para a decoración do fogar e complementos de vestir, así como divulgar o seu coñecemento a través de obradoiros.

Manuel Nogueira
Orballo CulturalA nósa empresa é unha xestora cultural, con un concepto encamiñado a redescubrir o territorio galego a través da cultura, dun xeito sostible e onde o comercio local, a artesanía galega e os establecementos hostaleiros xoguen un papel fundamental. Única marca en Galicia que realiza eventos de pequeno formato en diversas ubicacións e a meirande parte delas son no rural.

Sabela Corral Álvarez
Le Plume"Le Plume” surxe para satisfacer a necesidade de deseñar e producir roupa de alta costura a un prezo razoable, para todo tipo de mulleres.

Ana Álvarez Rial
Visual KRealizo videos de reportaxe social, creando pezas que manteñan viva nunha peza audiovisual relacións sociais o longo do tempo. No novo proxecto a misión sera axudar ás pequenas e mediadas empresas da comarca de Bergantiños a modernizar e potenciar as súas marcas conectando cos seus potencias clientes dun xeito cercano e directo, creando un vinculo entre ambas partes para fidelizar a ese potencial cliente ás marcas do comercio.

Olaia Tubío Rei e Alejandro Gándara Porteiro
Comunicación e mediosA nosa vocación é contar. Ofrecemos servizos de comunicación integrais, de xestión de redes sociais e de planificación de campañas. Tamén estamos orientados cara a creación de contidos, de páxinas web e de vídeos.

Martin Graciano
Deseño gráfico e publicidadeA miña actividade será brindar un ser vicio de Deseño Gráfico e Publicidade, xa sea a empresas, como a particulares u organismos públicos no ámbito local, Nacional ou Internacional.

Dolores Nieto
Asesoría EmpresarialFreelance no sector da Administración/Asesoría-Xestoría dirixido a Pemes ou Grandes empresas e autónomos que buscan un servizo máis personalizado. Tamén servizos puntuais a particulares como campaña renda.

Mario Pais Fondo, Francisco Pais Fondo e David Fernández Veloso
Breiko Breiko apps S.LEn Breiko Breiko desenvolvemos unha aplicación para móbiles que complementa a información que os GPS de navegación proporcionan con puntos de información útiles e de interese para os profesionais do transporte.

Nigel John Clarke
O proxecto consiste en iniciar unha actividade de consultoría, como autónomo, que traballa para axudar aos clientes a nivel local, en toda España e en toda a UE, construír produtos dixitais e móbiles innovadores que melloren a vida de xente. O proxecto tamén desenvolverá ideas para os seus propios produtos, como carteiras dixitais de prepago para persoas que non poden usar bancos, por exemplo, refuxiados e outras persoas excluídas.

Pablo Baldomir e Irune
O proxecto trátase de crear un Sistema de Fianza para vasos reusables no sector Horeca. Preténdese deste xeito crear de forma sustentable un cambio factible dun sector que pode crear un cambio para ben na sociedade. O sistema axudará a darlle unha mellor imaxe e publicidade o cada local, ademáis de favorecer medioambientalmente a sociedade.