VANTAXES DOS ESPAZOS COWORKING

Os Espazos Coworking ofrecen, entre outras, vantaxes como flexibilidade de uso; permítenche saír da casa e cambiar de aires á hora de traballar; ofrecen un espazo propio e profesional dentro dun entorno de traballo compartido; abaratan custos, ou, como no caso do Coworking Carballo, saen totalmente de balde; crean a oportunidade de acceder a unha rede de eventos organizados, como formacións, ou eventos de networking; fomentan as relacións e atraen o talento, pero, principalmente, forman unha comunidade que se traduce en camaradería mais aló do traballo…..E por que non, traballando nun espazo de Coworking podes ligar co da mesa á beira, ou bebendo bo café nun descanso con outros coworkers!

TIPOS DE COWORKERS

Coworker é o termo que designa aos profesionais que traballan nun coworking e que seguen este modelo laboral.As novas formas de relación social van máis aló de ser parte dun equipo. Nos espazos de traballo compartido foméntase unha comunidade e propíciase colaborar, interconectarse, crear sinerxías e o crecemento profesional.

FALEMOS DE COWORKING

O coworking converteuse nun verdadeiro modelo de traballo que atrae tanto a empresas emerxentes, profesionais independentes e grandes grupos. O seu crecente poder pode verse na multiplicación de espazos dedicados en España e no resto do mundo

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE.

Emprendedores ou empresas de nova creación teñen de novo á súa disposición o Coworking Carballo. A prórroga do proxecto, incluído na Rede Provincial de Espazos de Traballo da Deputación da …