AMPLIAMOS A 1ª FORMACIÓN DO COWORKING CARBALLO

CURSO ESTRATEXIA CREATIVA PARA EMPRENDEDORES – PARTE 2

Foi o primeiro, e foi todo un éxito. Tanto, que o tempo esvarou axilmente entre proxectos, plans, explicacións, comentarios, preguntas, respostas, mais preguntas, mais explicacións…mais repostas pendentes…

A gran capacidade de Andrés Queijo para facerse coa atención da concurrencia, o seu xeito cercano de explicar, de ti a ti, para facer entender e levar ós usuarios ós puntos que interesan para cada proxecto, de xeito que a formación resulte práctica e axude a autoevaluar os plans e modelos de negocio de cada quen, e o seu don analítico fixo que estas dúas sesións de formación xenérica previstas do Curso Estratexia Creativa para Emprendedores chegaran a pouco e tiveramos que quedar a medias dun Modelo Canvas.

Por outro lado, o mérito do éxito non é só do formador. O estupendo grupo de usuarios do Coworking Carballo anotados en esta primeira formación resultou ser tan participativo, tan interactivo e mostrouse tan interesado nas distintas estratexias a ter en conta para sacar adiante un proxecto, que estamos seguros de que de aquí, de este recén estreado Espazo Coworking Carballo, e aínda por moitos reveses que nos toque torear, como a todos nos tempos que corren, van sair non só proxectos, senón empresas consolidadas que darán moito que falar nun futuro moi cercano, no eido das novas tecnoloxías, a cultura, o audiovisual, o benestar e servizos ás persoas ou empresas de beneficio para a economía social.

Impulsar a creación, posta en marcha e consolidación de empresas, contribuír á diversificación da estrutura produtiva local e provincial e apoiar e asesorar ás persoas emprendedoras no proceso de posta en marcha do seu proxecto son algunhas das funcións chave de este espazo.

Por isto mesmo, tomamos a determinación, alí mesmo, en quente, in situ, xa consensuada con usuarios e formador, de prolongar a formación un para de horas mais para que poidamos rematar o método de negocio que estabamos a ver, contemplar algún outro interesante e resolver as dúbidas pendentes.

Temos que aproveitar a ocasión, Non sempre se nos presenta un Inxeñeiro Civil Cofundador de unha das principais plataformas dixitais españolas para poñer en contacto clientes e profesinais do mundo da arquitectura e enxeñería dende o punto 0

E tampouco se nos presentará sempre un grupo de emprendedores e autónomos deseosos de levar ata o infinito e mais aló os seus proxectos e empresas, aproveitando, entre outras, as ocasións de formación que se lles presenten.

A vindeira…pois o MARTES 27 DE OUTUBRO DE 17:00 A 19:00, na mesma aula de formación das instalacións do Forum.

Será a 2ª e última parte do Curso de Estratexia Creativa para Emprendedores, pero será únicamente o inicio dunha traxectoria polo camiño do saber e do coñecer para poder emprender que esperamos sexa longo, entretido, productivo, e en colaboración

Vémonos de novo nas aulas, coworkers!

“Porque la experiencia misma es un modo de conocimiento que exige entendimiento.”

Immanuel Kant (KönigsbergPrusia22 de abril de 1724ibídem12 de febrero de 1804)

#autónomos #colaboracion #compartirespazos #compartirtraballo #concellodecarballo #coworker #coworkers #dixital #emprendedores #empresa #formación #marketing #mentesprodixiosas #metodocanvas #nichodemercado #novosproxectos #pemes #plandeempresa #plandenegocio #proxecto #tecnoloxías aquihaimoitoparati autonomos carballomola colaboracionismo compañeirosdetraballo concellodecarballo concellodecarballo (1) costadamorte (1) coworkingcarballo (1) emprendedores (1) emprendemento (1) novaempresa (1) pemes (1) profesionais (1) proxectos (1) traballo (1) costadamorte coworkingcarballo emprendedores emprendemento emprendementonovedoso espazocompartido freelancer maisqueamigos marketingdixital novaempresa pemes profesionais proxectos tiposdecompaneiros tiposdetraballadores tomamosalgoosair traballo