ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE.

Emprendedores ou empresas de nova creación teñen de novo á súa disposición o Coworking Carballo.

A prórroga do proxecto, incluído na Rede Provincial de Espazos de Traballo da Deputación da Coruña, abrangue ata fin de ano


Despois da parálise provocada pola COVID-19, xa está de novo en funcionamento o Coworking Carballo, un espazo de traballo compartido que facilitará a 18 novos/as emprendedores/as ou empresas de menos de dous anos de antigüidade a posibilidade de dispoñer non só dun local, senón tamén dunha serie de servizos e infraestruturas que contribuirán a mellorar as súas posibilidades de éxito.

A sede deste novo servizo, impulsado dende a Concellaría de Promoción Económica e incluído na Rede Provincial de Espazos de Traballo da Deputación Provincial da Coruña, está aberta no 2º andar da nave 1 do Fórum Carballo.
O prazo de solicitude está aberto. Emprendedores e empresas interesadas poden informarse e inscribirse aquí

O coworking pretende impulsar a creación, posta en marcha e consolidación de empresas vinculadas, preferentemente, aos ámbitos “da cultura, as novas tecnoloxías, a rexeneración urbana, o benestar e os servizos ás persoas, sector audiovisual, turismo ou investigación e iniciativas que formen parte da economía social”, tal como figura no regulamento de funcionamento.

Ademais dos 156 metros cadrados habilitados para os 18 postos de traballo, as persoas usuarias do coworking poderán utilizar o auditorio, que ten capacidade para 100 persoas; unha aula de formación e xuntanzas e outros espazos comúns. O Concello de Carballo farase cargo de todo o material e de todos os gastos.

Se tes unha idea de negocio que necesita apoio ou unha empresa de nova creación que queres impulsar, esta é a túa oportunidade!

Ligazóns