Nuria Varela Amado

Nuria Varela Amado

VivoMacramé

Artesá autodidacta, leva 16 anos practicando Macramé. Tivo postos propios de artesanía nos mercados de Teguise, Lanzarote, no mercadillo da illa de La Graciosa e no festival Folk de Ortigueira. Negocio de artesanía especializada en Macramé Contemporáneo. Elaboración de productos feitos a man para a decoración do fogar e complementos de vestir, así como divulgar o seu coñecemento a través de obradoiros.

Manuel Nogueira

Manuel Nogueira

Orballo Cultural

A nósa empresa é unha xestora cultural, con un concepto encamiñado a redescubrir o territorio galego a través da cultura, dun xeito sostible e onde o comercio local, a artesanía galega e os establecementos hostaleiros xoguen un papel fundamental. Única marca en Galicia que realiza eventos de pequeno formato en diversas ubicacións e a meirande parte delas son no rural.

Sabela Corral Álvarez

Sabela Corral Álvarez

Le Plume

"Le Plume” surxe para satisfacer a necesidade de deseñar e producir roupa de alta costura a un prezo razoable, para todo tipo de mulleres.

Ana Álvarez Rial

Ana Álvarez Rial

Visual K

Realizo videos de reportaxe social, creando pezas que manteñan viva nunha peza audiovisual relacións sociais o longo do tempo. No novo proxecto a misión sera axudar ás pequenas e mediadas empresas da comarca de Bergantiños a modernizar e potenciar as súas marcas conectando cos seus potencias clientes dun xeito cercano e directo, creando un vinculo entre ambas partes para fidelizar a ese potencial cliente ás marcas do comercio.

Olaia Tubío Rei e Alejandro Gándara Porteiro

Olaia Tubío Rei e Alejandro Gándara Porteiro

Comunicación e medios

A nosa vocación é contar. Ofrecemos servizos de comunicación integrais, de xestión de redes sociais e de planificación de campañas. Tamén estamos orientados cara a creación de contidos, de páxinas web e de vídeos.

Martin Graciano

Martin Graciano

Deseño gráfico e publicidade

A miña actividade será brindar un ser vicio de Deseño Gráfico e Publicidade, xa sea a empresas, como a particulares u organismos públicos no ámbito local, Nacional ou Internacional.

Dolores Nieto

Dolores Nieto

Asesoría Empresarial

Freelance no sector da Administración/Asesoría-Xestoría dirixido a Pemes ou Grandes empresas e autónomos que buscan un servizo máis personalizado. Tamén servizos puntuais a particulares como campaña renda.

Mario Pais Fondo, Francisco Pais Fondo e David Fernández Veloso

Mario Pais Fondo, Francisco Pais Fondo e David Fernández Veloso

Breiko Breiko apps S.L

En Breiko Breiko desenvolvemos unha aplicación para móbiles que complementa a información que os GPS de navegación proporcionan con puntos de información útiles e de interese para os profesionais do transporte.

Nigel John Clarke

Nigel John Clarke

O proxecto consiste en iniciar unha actividade de consultoría, como autónomo, que traballa para axudar aos clientes a nivel local, en toda España e en toda a UE, construír produtos dixitais e móbiles innovadores que melloren a vida de xente. O proxecto tamén desenvolverá ideas para os seus propios produtos, como carteiras dixitais de prepago para persoas que non poden usar bancos, por exemplo, refuxiados e outras persoas excluídas.

Pablo Baldomir e Irune

Pablo Baldomir e Irune

O proxecto trátase de crear un Sistema de Fianza para vasos reusables no sector Horeca. Preténdese deste xeito crear de forma sustentable un cambio factible dun sector que pode crear un cambio para ben na sociedade. O sistema axudará a darlle unha mellor imaxe e publicidade o cada local, ademáis de favorecer medioambientalmente a sociedade.